Battlefield Hardline amplÃa a súa beta unha semana
mércores, 18 de xuño do 2014
Na
pasada edición do E3 iniciouse a beta
pechada do modo multi-xogador de Battlefield
Hardline nas súas versións para PlayStation 4 e PC (o resto de
plataformas terÃan unha versión de proba diferente máis adiante), e para
continuar a aproveitar a boa resposta que está a ter esta fase de desenvolvemento
do xogo, anuncian
hoxe que ampliarán unha semana a beta do xogo de xeito que continuarán a
aceptar inscricións na beta
até o vindeiro domingo, permanecendo a beta aberta até o xoves 26 de xuño.
Os usuarios de PC tamén recibiron nas últimas horas outra magnÃfica nova, como
é o feito de que a inscrición á beta do xogo vén de eliminar as súas listaxes
de espera, de xeito que o
acceso á versión de proba de Battlefield
Hardline é instantáneo.
O xogo chegará ao mercado o vindeiro 21 de outubro, e os que proben a súa beta
e consigan superar certos retos (como activar a funcionalidade de compartir en
Facebook ou superar o nivel 10) poderán gozar de recompensas no xogo final.
Trailer do multi-xogador de Battlefield Hardline