Blusens recompensa a quen promocione o seu Web:tv

xoves, 11 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Para potenciar a venda do Web:tv, Blusens vén de lanzar entre os seus usuarios unha nova campaña na que os insta a ser promotores da compañía gañando cartos de convenceren a algún amigo de adquirir destes versátiles trebellos da compañía compostelá que tanto serven para achegar a Internet ao televisor como para sintonizar e gravar contidos da TDT en alta definición e reproducir numerosos formatos audiovisuais.
Os promotores Blusens deben darse de alta previamente a través dun formulario dispoñible en Facebook, obtendo así un código promocional que deberán empregar os amigos, familiares ou coñecidos que vaian mercar un web:tv ou un web:tv lite a través da tenda en liña de Blusens, o que suporá para o promotor un crédito de 10,66 e 8,18 euros por unidades vendida respectivamente. Lembremos que ambos trebellos están actualmente de oferta, podendo adquirirse por 129 e 99 euros respectivamente cos gastos de envío incluídos.


Vídeo no que amosan o funcionamento de Series.ly dende o Web:tv de Blusens