Bota a andar a campaña de micromecenado de The Pet Squad
luns, 24 de febreiro do 2025
A semana pasada adiantamos que o estudio galego Devmo Games estaba a ultimar o lanzamento da súa campaña de micromecenado a través de Kickstarter para financiar o seu videoxogo The Pet Squad, e finalmente a campaña está activa coa meta de xuntar 14 mil euros en 40 dÃas.
Para conseguir tal fin presentan o seu xogo de quebracabezas inspirado nos Lemmings, pero cunha identidade moi diferente (trátase dun xogo futurista, con gráficos pixel art e animais como protagonistas), e ofrecen distintos tipos de recompensas para quen queira apoiar a iniciativa. Temos asà que por 5 euros podemos simplemente apoiar o xogo, mentres que por 10 euros recibimos unha clave de Steam para poder gozar do xogo en PC, por 20 euros podemos recibir información detallada durante o desenvolvemento do xogo e achegar as nosas opinións e, por 30 euros, teremos tamén acceso anticipado ao xogo (3 dÃas antes do lanzamento) e tamén acceso ás versións de proba coas novas caracterÃsticas que vaia integrando nos vindeiros meses.
Actualmente temos unha versión de demostración de The Pet Squad en Steam, polo que podemos comprobar de primeira man que o xogo xa ten uns alicerces firmes, de xeito que agora o que queda aos desenvolvedores é nutrir o tÃtulo de contidos, para ter un produto final o máis completo posible, coa intención de que en marzo de 2026 o xogo poida ver a luz de xeito oficial.
Tráiler do xogo