ChatGPT en WhatsApp xa permite notas de voz e imaxes

mércores, 5 de febreiro do 2025 Marcus Fernández

Aínda que a posibilidade de empregar ChatGPT como unha conversa máis de WhatsApp simplemente engadindo á nosa axenda o número de teléfono 1 (800) 2428478 pode resultar práctico nalgunhas situacións, esta prestación estaba bastante limitada por limitarse información textual, o que vén de mudar grazas a unha actualización que incorpora dúas importantes melloras: a posibilidade de cargar imaxes cando se fai unha pregunta e poder conversar con ChatGPT a través de mensaxes de voz.
Estas novidades incrementan os casos de uso de ChatGPT a través de WhatsApp, e tamén anuncian que en breve van permitir ligar as nosas contas de ChatGPT (tanto de balde como de pagamento) para poder gozar dun maior uso desta curiosa solución.