Chega a España o Honor Magic V5
venres, 29 de agosto do 2025
A primeiros de xullo presentouse na China o novo smartphone encartable Honor Magic V5, que destacaba por un grosor de só 8,8 milÃmetros pechado e de só 4,1 milÃmetros na parte máis fina cando está aberto, converténdose para moitos nun referente nesta categorÃa de produto, ao que contribuÃa o feito de que contase cunha impresionante baterÃa de 6.100 mAh con carga rápida de 66 watts por cable.
A espera por este teléfono dende España fÃxose longa, pero por fin está aquÃ, aÃnda que coas malas novas ás que estamos afeitos cando chegan este tipo de dispositivos, como é un prezo elevado e unha baterÃa menos xenerosa (neste caso, de 5.820 mAh), aÃnda que bastante superior os do resto de dispositivos deste segmento. Cómpre salientar que, aÃnda que o prezo do modelo con 16 GB de RAM e 512 GB de capacidade sexa oficialmente de 1.999 euros, no seu lanzamento inclúense beneficios como un cargador de 66 watts, unha funda magnética, o Magic-Pen e un desconto de 300 euros, detalles que acurtarÃan algo a distancia cos 9.999 iuans que custa na China (que ao cambio serÃan 1.199 euros).
Polo demais co Honor Magic V5 seguimos tendo un completo smartphone cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite, pantalla interior de 7,95 polgadas, pantalla exterior de 6,43 polgadas, un módulo de cámaras prominente (que alberga unha cámara principal de 50 MpÃxeles, un ultra grande angular de 50 MpÃxeles e un teleobxectivo 3x de 64 MpÃxeles) e cámaras frontais con sensores de 20 MpÃxeles (tanto na pantalla exterior como na interior), certificación IP58 e un peso de 217 gramos no seu modelo de cor branca, polo que é un bo rival para o Samsung Galaxy Z Fold7, que aÃnda que teña un prezo oficial máis elevado, na práctica pode conseguirse a prezos bastante axustados (incluso a través de operadores de telefonÃa móbil).

- A promoción de lanzamento do Honor Magic V5 inclúe accesorios como o Magic-Pen
