Chega a España o xogo na nube de Amazon
mércores, 15 de novembro do 2023- Amazon Luna tamén achega xogos de Ubisoft (mercados ou mediante subscrición)
Hai un
par de anos Amazon
presentou a súa plataforma de xogo na nube para EE.UU., e hoxe o
servizo chega por fin a España, de xeito que podemos gozar do xogo en
streaming dende unha chea de dispositivos como ordenadores persoais, tabletas,
Chromebooks, smartphones e mesmos televisores conectados, evitando asà a necesidade
de contar cunha consola de videoxogos, ou incluso simplemente para poder xogar
a tÃtulo non dispoñibles para a túa
plataforma (por exemplo, permite botar a unha partida a Fortnite no
iPhone ou no iPad).
Amazon Luna permite que os xogadores con
Prime poidan gozar sen custo adicional de xogos como Fortnite, Encodya,
Get Packed: Couch Chaos, Qubo, Ride 4, Tiny Lands e
Trackmania, que irán rotando con outros xogos, sendo tamén posible ligar
a conta de Luna coa de Ubisoft para poder xogar en streaming aos tÃtulos da
marca que xa se adquirisen dixitalmente (o que resulta moi práctico, xa que
permite levar estes tÃtulos a máis dispositivos e mesmo evitar a molestia de
ter que descargalos e instalalos se simplemente queremos botar unha partida rápida).
O sistema de Amazon Luna está aberto a tres opcións de subscrición diferentes:
por unha banda está o servizo propio de Amazon, Luna+, que por 9,99 euros/mes
ofrece xogos como Team Sonic Racing ou Batman: Arkham Knight; tamén
é compatible con Ubisoft+, servizo que por 17,99 euros achega xogos como Assassin’s
Creed Mirage e Far Cry; e tamén acepta subscricións a Jackbox Games,
que por 4,99 euros conta con xogos para festas como Trivia Murder Party e
Drawful.
AÃnda Luna é compatible con mandos USB e Bluetooth, Amazon comercializa un
mando especÃfico, que tira proveito da tecnoloxÃa Cloud Direct para unha mellor
experiencia (por exemplo, non precisa emparellarse aos distintos dispositivos
nos que queiramos xogar) que está valorado en 69,99 euros, pero que sae á venda en promoción a un prezo
de 39,99 euros. Este mando tamén ten dispoñible un clip que pode mercarse por 14,99
euros e que serve para suxeitar o smartphone para transformar o mando nunha
especie de consola portátil.
A chegada de Amazon Luna resulta bastante oportuna, xa que o peche de Google
Stadia deixou un oco no mercado que a compañÃa de Jeff Bezos pode aproveitar
para tomar posicións neste segmento do sector dos videoxogos que conta cun enorme
potencial.
- En Amazon Luna tampouco fallan os xogos que poden controlarse con teclado e rato