Chega á eShop de Nintendo Switch unha mala copia de Black Myth: Wukong
xoves, 26 de decembro do 2024
O xogo Black Myth: Wukong foi un dos grandes éxitos comerciais do ano, con millóns de copias vendidas para PC e PS5, o que aproveitaron dende Global Game Studio para lanzar Wukong Sun: Black Legends, tÃtulo para Nintendo Switch que aproveita o feito de que a novela Viaxe ao Oeste (na que se inspira o xogo do estudio chinés Game Science) é de dominio público para tentar levar aos xogadores á confusión, e asà adquirir un xogo dunha escala moi diferente.
AÃnda que a historia de ambos xogos é practicamente a mesma (Wukong, o lendario Rei Mono, que loita contra cunha chea de monstros da mitoloxÃa chinesa), a creación de Game Science é unha das producións máis importantes realizadas na China, con gráficos tridimensionais moi detallados e un completo sistema de combate, mentres que o xogo que está a chegar a Switch non deixa de ser un xogo de acción en dúas dimensións, con gráficos sinxelos e desprazamento lateral, que case poderÃa considerarse case como un xogo retro (por contar con mecánicas como Rastan ou Rygar) se non fose porque está creado con gráficos moi xenéricos con moi pouco coidado polo detalle, deixando bastante claro que estamos ante un tÃtulo que simplemente pretende raspiñar algúns euros de xogadores pouco prudentes.
Non son poucos os estudios de videoxogos que se dedican a lanzar xogos de dubidosa calidade, que simplemente queren sacar uns cartos de rebote, como Virtual Global Games, que aproveita o reducido control da eShop de Nintendo Switch e das plataformas móbiles para lanzar copias descaradas de The Last of Us, Mad Max, Need for Speed, Grand Theft Auto e moitos outros xogos.
No caso de Black Myth: Wukong tampouco é a primeira vez que xorde un tÃtulo tentando aproveitar o seu éxito, pois en setembro tamén chegou á eShop o xogo Wukong’s Child: Monkey King Myth (que tamén conta con versión para Xbox e PC), pero desta volta non xoga a confusión, senón que semella que só busca unha maior visibilidade colocándose á sombra dunha marca de actualidade.
VÃdeo promocional de Wukong Sun: Black Legends