Chegan a España as Ray-Ban Stories
xoves, 17 de marzo do 2022
O
pasado mes de setembro chegaron a varios mercados as Ray-Ban Stories, lentes
con cámaras de 5 MpÃxeles pensadas para funcionar en combinación con Facebook,
que e finalmente
chegan a España a un prezo que parte dos 329 euros, estando dispoñibles con 3
formas diferentes e distintas cores de vidro que fan en total 20
combinacións de lentes e monturas.
Coa cámara dual de 5 MpÃxeles das Ray-Ban Stories pódense facer fotografÃas e
vÃdeos a través de comandos de voz ou do botón de captura integrado na montura.
Tamén conta cun sistema de altofalantes e un sistema de tres micrófonos para
poder asà captar audio para vÃdeos e poder aproveitar o dispositivo para
realizar chamadas de voz co móbil. Utilizando a aplicación Facebook View pódense
gardar, editar e compartir fotografÃas e vÃdeos en Facebook, Instagram, WhatsApp,
Twitter e máis plataformas.
Como curiosidade, na tenda de
Instagram de Ray-Ban está dispoñible a posibilidade de tirar proveito dun
filtro de realidade aumentada para probar como nos sentarÃa cada un dos modelos
de lentes.
As Ray-Ban Stories poden gravar até 60 segundos de vÃdeo (acendendo un LED para
advertir da gravación aos que teñamos ao redor); permiten realizar chamadas,
enviar mensaxes de voz e escoitar notas de voz dende Messenger e poden
manexarse a través de ordes de voz en inglés, mentres que a aplicación Facebook
View xa está dispoñible en español.
O interesante será agora ver o uso dan a estas lentes, pois as súas
posibilidades son moitas (dende filmar deportes extremos até captar paseos pola
cidade) e o principal atranco que teñen é a percepción que poidan ter as outras
persoas dun dispositivo de gravación que poida ameazar a intimidade en calquera
momento.