Chegan a España os Xiaomi 13 e 13 Pro
luns, 27 de febreiro do 2023
En
decembro presentáronse en China os móbiles Xiaomi 13 e 13 Pro, que
destacaban por estar equipados con procesadores Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2 e
con cámaras certificadas por Leica, de xeito que o fabricante chinés colocábase
nun rango de produto co que poden competir en igualdade con outras compañÃas na
alta gama.
No
marco Mobile World Congress de Barcelona Xiaomi anunciou que estes agardados
teléfonos chegarán a Europa en breve, aproveitando a ocasión para presentar
o Xiaomi 13 Lite, un smartphone máis económico, orientado a un público mozo.
Os Xiaomi 13 e Xiaomi 13 Pro melloran o seu rendemento un 37-47% grazas á
incorporación de procesadores Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2; tamén gozan dunha
magnÃfica conectividade (incluÃndo Wi-Fi 7) e as súas baterÃas de 4.500 mAh e
4.820 mAh teñen cargas rápidas de 67 e 120 watts respectivamente, ou sexa, que
o modelo máis avanzado serÃa capaz de cargar a súa baterÃa completamente en 19
minutos.
A nivel de pantalla o Xiaomi 13 ten un panel AMOLED Full HD+ de 6,36 polgadas,
mentres que o Xiaomi 13 Pro presenta un panel AMOLED WQHD+ de 6,73 polgadas
cunha velocidade de refresco de 120 Hz, cun brillo normal de até 1.200 nits e
cun pico de 1.900 nits, de xeito que pode presumir de ser unha das mellores
pantallas do mercado para gozar de contidos con HDR.
O Xiaomi 13 conta cunha
cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles, un teleobxectivo de
10 MpÃxeles e un ultra grande angular de 12 MpÃxeles, mentres que a cámara
frontal ten unha resolución de 32 MpÃxeles; pola súa banda o Xiaomi 13 Pro ten a mesma
cámara frontal, pero en cámara traseira da un auténtico paso de xigante o
contar cun sensor principal dunha polgada e 50 MpÃxeles, un teleobxectivo de 50
MpÃxeles e un ultra grande angular de 50 MpÃxeles. Todas estas cámaras conseguen
un magnÃfico desempeño grazas á colaboración de Xiaomi con Leica, polo que
estamos ante dispositivos que agradarán aos afeccionados á fotografÃa móbil de
calidade.
O Xiaomi 13 custará 999,99 euros con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento e 1.099,99
euros con 12 GB e 256 GB de almacenamento; mentres que o Xiaomi 13 Pro con 12
GB de RAM e 256 GB de almacenamento véndese a 1.399,99 euros, deixando máis que
claro que estamos ante móbiles de alta gama, polo que será todo un reto para Xiaomi
convencer aos consumidores en apostar tan decididamente pola súa marca.
Novo Xiaomi 13 Lite
O novo membro da familia, o Xiaomi 13 Lite, parte
dun prezo de 499,99 euros para a versión con 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento, mentres que o modelo con 256 GB de capacidade custa 549,99
euros, prezos moi inferiores aos dos seus modelos de alta gama.
O Xiaomi 13 Lite funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 7 Gen 1, a súa
pantalla AMOLED Full HD+ de 6,55 polgadas ten un refresco de 120 Hz, a súa
cámara traseira ten un sensor principal Sony IMX766 de 50 MpÃxeles (acompañado
por un ultra grande angular de 8 MpÃxeles e un macro de 2 MpÃxeles) e unha cámara
frontal de 32 MpÃxeles, a súa baterÃa de 4.500 mAh ten carga rápida de 67 watts,
e tamén conta con Wi-Fi 6, Bluetooth 5.2 e NFC.