Clawdbot muda o seu nome para evitar confusións

martes, 27 de xaneiro do 2026 Marcus Fernández

Onte demos conta do interese espertado entre toda a comunidade que se move ao redor do mundo da intelixencia artificial por Clawdbot, unha tecnoloxía aberta que permítenos construír un asistente persoal dixital á nosa medida, co que comunicarnos a través de WhatsApp, Telegram ou outras plataformas de chat, pero o feito de que o nome deste proxecto (Clawd) puidese confundirse do modelo de linguaxe de Anthropic (Claude) vén de desembocar nun rebranding, e agora anuncian que Clawdbot pasa a chamarse Moltbot, e Clawd pasará a coñecerse como Molty.
O cambio de nome non supón cambios de obxectivo, pero precisará duns cantos días para que se popularice o cambio e se actualice a documentación que podemos atopar en numerosas páxinas web nas que instrúen sobre como tirar proveito desta prometedora solución para facer realidade un asistente persoal baseado en IA.
En calquera caso cómpre advertir dos grandes riscos que supón facilitar o acceso a datos persoais a un sistema automatizado, así como tamén os elevados consumos de recursos de IA que pode ter esta tecnoloxía (os que experimentaron con Clawdbot nas últimas semanas advertían de que queimaba moitos tokens). O bo é que estamos ante unha tecnoloxía que está a desenvolverse en aberto, polo que espérase que reciba moitas contribucións nos vindeiros meses e tamén inste a moitas compañías a seguir os seus pasos creando sistemas de automatización de tarefas cada vez máis potentes e prácticos.