Cyberpunk 2077 sairá á venda en decembro
martes, 27 de outubro do 2020
O vindeiro grande xogo de CD Projekt Red continúa a acumular
adiamentos, e tras mudarse a data de lanzamento de
abril a setembro e de setembro
a novembro, volve retrasar a súa saÃda, que agora queda
fixada no 10 de decembro, o que permite cumprir a promesa de ver a luz en
2020, aÃnda que aproximándose demasiado ás festas de Nadal, algo moi pouco
habitual a nivel comercial, sendo habitual que os grandes lanzamentos teñan
lugar antes do Black Friday.
Dende CD Projekt Red descúlpanse pola acumulación de retrasos, e aseguran que
estalles a supor un reto entregar o xogo de xeito simultáneo a consolas da
presente xeración, da vindeira xeración e para PC, de xeito que Cyberpunk 2077 está a prepararse
en 9 versións distintas (Xbox One/X, Xbox Series S/X, PS4/Pro, PS5, PC e Stadia),
reto ao que hai que sumar as complicacións do teletraballo imposto pola pandemia,
e aÃnda que adiar 3 semanas o lanzamento non parece que poida supor grandes
cambios, cómpre lembrar que o estudio xa dera o xogo por completado hai poucos
dÃas, ou sexa, que non se fala de realizar grandes cambios, senón de simples
pulidos de última hora, para que o xogo poidan manter os estándares de calidade
propios de CD Projekt Red e asà no dÃa de lanzamento dispoña dunha
actualización que corrixa os problemas máis graves detectados e poida achegar
unha experiencia de xogo que deixe un bo sabor de boca dende o primeiro momento.
- Cyberpunk 2077 é o xogo máis ambicioso da historia de CD Projekt Red, de aà que non sorprenda que adÃen o seu lanzamento en tantas ocasións, para poder estar á altura do que o público espera desta superprodución