DJI renova o seu dron de menos de 250 gramos
mércores, 4 de novembro do 2020
Hai un
ano DJI revolucionou o mercado do drons de consumo presentando
do DJI Mavic Mini, dispositivo de menos de 250 gramos de peso, de xeito que
a nivel legal non está considerado como un dron (con limitacións para o seu uso
preto de persoas ou con esixencias como o rexistro ou a necesidade de licenzas
para o seu uso) senón como unha cámara voadora ou mesmo un xoguete.
AÃnda que esperábase que os competidores de DJI conseguisen dar pé a toda unha
familia de dispositivos dentro deste ámbito, finalmente o fabricante chinés
quedou como único expoñente real deste segmento, deixando claro o seu poderÃa
tecnolóxico, e para manter tal pulo renovan este produto estreando do DJI Mini 2.
Este novo dron cun prezo de
459 euros na súa versión normal e de 599 euros no lote DJI Mini 2 Vuela Más
(que inclúe unha bolsa de transporte, un centro de carga bidireccional e 3
baterÃas, ideal para os que queiran voar máis dos 31 minutos de autonomÃa que
achega unha única baterÃa.
Dende DJI definen este novo dron como unha FlyCam e manteñen o seu deseño e as
súas prestacións principais, de xeito que as súas novidades corresponderÃan a
pequenas melloras como a tecnoloxÃa de transmisión OcuSync 2.0, que mellora o
desempeño do control a distancia, mellorando o seu alcance e estabilidade (de
xeito que agora pode manexarse até a un máximo de 10 quilómetros de distancia).
Os seus novos motores tamén permÃtenlle unha boa autonomÃa e poder soportar
ventos de até 39 quilómetros/hora.
O control do DJI Mini 2 tamén segue a ser moi sinxelo, incorpora novas medidas de
seguridade (entre as que non falta un sistema de balizas xeolocalizadas para
impedir os voos en áreas sensibles como os aeroporto ou incluso un limitador de
altitude), aÃnda que os cambios máis importantes chegarÃan a nivel de cámara,
que agora conta cun sensor de 1/2,3 polgadas capaz de capturar imaxes de 12
MpÃxeles e vÃdeo 4K a 30 imaxes por segundo cunha compresión de 100 Mbps, salto
de resolución que facilitarÃa o uso do recorte para poder simular que o dron
está máis preto dos obxectos que grava (simulando un zoom de 2x sen perda ou de
4x dixital).
Para facer máis doada a gravación de tomas espectaculares o DJI Mini 2 ten
movementos pregravados (Dronie, Helix, Rocket, Circle e Boomerang), pode sumar
distintas tomas fotográficas para a composición de imaxes máis amplas ou
panorámicas e tamén distintos modos fotográficos para adaptarse a diferentes
escenarios.
Para facilitar a publicación en redes sociais o DJI Mini 2 pode conectarse directamente
a un smartphone sen o mando a distancia, para descargar as imaxes capturadas a
unha velocidade de 20 MB/s (unha vez que o dron estea seguro en terra), para poder
logo realizar edicións rápidas a través a aplicación DJI Fly. Incluso é posible
elixir os momentos da gravación de vÃdeo que nos interesen antes de descargalos
ao móbil, axilizando moito o tempo de transferencia.
VÃdeo promocional do DJI Mini 2