Deus Ex GO chega a iOS e Android
xoves, 18 de agosto do 2016
Dende Square Enix atoparon un curioso xeito de levar as súas
franquÃas de consola a dispositivos móbiles: a través de xogos de
quebracabezas. E tras o éxito de Lara
Croft GO e Hitman
GO, estrean Deus Ex GO, xogo que mestura
infiltración por quendas e quebracabezas dentro do universo de Deus Ex, de xeito que adoptaremos o rol
do axente dobre Adam Jensen e utilizaremos as nosas habilidades de pirateo, combate e aumentos para
resolver os retos tÃpicos destes xogos co sufixo GO.
O xogo pódese mercar xa
por 4,99 euros na App Store e en
Google Play, estando adapta tanto para smartphones como para tabletas, e
achega máis de 50 niveis de historia desafiantes, novos quebracabezas cada dÃa
da semana, variedade de inimigos, un contorno manipulable para superar os retos
e, para deixar claro que estamos ante un xogo da franquÃa de Deus Ex, a necesidade de empregar os
aumentos de Adam Jensen para superar algún dos quebracabezas.
Tráiler de presentación de Deus Ex GO