EE.UU. podería levantar en breve as sancións contra ZTE

luns, 14 de maio do 2018 Marcus Fernández

JPEG - 56.4 KB
Chío de Trump indicando o seu cambio de postura fronte a ZTE

As sancións do Goberno dos EE.UU. contra o fabricante chinés ZTE, que impedían á compañía tanto empregar procesadores Qualcomm como o propio sistema operativo móbil Android, facían que o seu negocio fose completamente inviable internacionalmente, polo que suspenderon operacións para anunciar que se entrarían en traballar na retirada das sancións, e finalmente parece que a Administración Trump dá un paso atrás, e o propio presidente fai comentarios en Twitter dando a entender que farán todo o posible para permitir que a compañía chinesa retome a súa actividade.
Trump admite que as sancións contra ZTE teñen un grande impacto no emprego chinés, e recoñece estar a negociar co presidente de China para chegar a un acordo que sexa beneficioso para ambas partes, ou sexa, que parece inminente o levantamento das sancións contra ZTE, aínda que non parece probable que o Goberno dos EE.UU. vaia mudar a súa postura belixerante ante a entrada de tecnoloxía de telecomunicacións chinesa nos seus mercados.

PUBLICIDADE