Epic Games regala Control por tempo limitado

venres, 11 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Un par de anos atrás chegou a Xbox One, PlayStation 4 e PC un xogo de Remedy chamado Control que converteuse en todo un descubrimento para todos os que non gozaran antes de Quantum Break, título na mesma liña, que lanzárase en exclusiva para Xbox One, de aí que a súa difusión fose moderada. Este novo xogo de acción en terceira persoa no que facemos uso de poderes sobrenaturais ocupando o rol de Jesse Faden, directora dunha axencia secreta que tras unha invasión dunha ameaza doutro mundo deberá recuperar Control.
Os que aínda non se introducisen nesta orixinal proposta teñen agora unha magnífica oportunidade, xa que até o vindeiro día 17 Control está dispoñible de balde na tenda de Epic Games. Este tipo de promoción busca principalmente que os usuarios se introduzan na tenda de xogos para PC de Epic Games e instalen o seu lanzador de aplicacións, de xeito que así rachan coa principal barreira para que os xogadores se animen a adquirir futuros xogos nesta plataforma en vez de na tenda de Valve (Steam).

Control, como vén a ser habitual nos xogos de Remedy, achega unha proposta cunha estética moi cinematográfica

PUBLICIDADE