Facebook achégase á mocidade cunha páxina web formativa

martes, 15 de maio do 2018 Marcus Fernández

Para facilitar que a mocidade faga un uso responsable e seguro de Facebook, a plataforma social de Mark Zuckerberg vén de estrear un portal mozo dispoñible en 60 idiomas no que recollen suxestións xerais, consellos de expertos, información sobre privacidade e seguridade e todo o que se precisa para ter unha boa experiencia en Facebook.
Neste novo espazo podemos afondar nos conceptos básicos de Facebook (como perfís, páxinas, eventos e grupos), coñecer como facer un uso seguro (con recomendacións sobre o uso de contrasinais robustos ou instando a pechar sesión cando se acceda a Facebook dende un ordenador alleo), explorar as ferramentas para administrar os nosos contactos e os contidos que vemos e incluso controlar o xeito no que compartimos os contidos que publicamos:
O portal tamén recolle unha serie de suxestións e recursos achegados por xente moza de todo o mundo, que chegan así dun xeito máis próximo á mocidade para transmitir distintas mensaxes.

PUBLICIDADE