Facebook quere potenciar as retransmisións de videoxogos na súa plataforma
xoves, 7 de xuño do 2018
Ante a proximidade da feira E3 dende Facebook queren promover
a súa plataforma de vÃdeos de videoxogos, para competir asà con Twitch, YouTube
e Mixer, e para o que en
xaneiro lanzaron un programa para creadores de contidos de videoxogos, ou
sexa, para que moitos dos célebres usuarios que retransmiten as súas partidas
en liña aposten por Facebook como canle para comunicarse cos seus seareiros e
incluso poder rendibilizar economicamente a súa actividade.
Pero finalmente non queren limitarse a grandes creadores, e agora anuncian a creación
dun programa que estará aberto a creadores emerxentes coñecido como Level Up, e que está
comezando a desenvolverse, polo que está a recrutar creadores aos que
facilitará tanto o acceso de ferramentas para a realización das súas retransmisión
en streaming ata conseguir cartos a
través do apoio dos seus seareiros (que poden mercar e enviar bens virtuais
durante as retransmisións).
Para facilitar que o público chegue aos contidos de videoxogos están a probar
un portal de acceso que xunta os vÃdeos de Facebook con partidas en directo e
partidas gravadas, que está accesible dende o dominio fb.gg. Neste espazo os usuarios
poden descubrir vÃdeos en función dos creadores e xogos que sigan, das páxinas
que indicaron que son do seu gusto ou dos grupos aos que pertencen. Tamén
servirá para acoller eventos do sector e, para potenciar este apartado de Facebook,
aseguran que financiarán contidos durante os vindeiros meses.

- Facebook vai ter presenza no E3 deste ano, para potenciar o seu apartado dedicado ás restransmisións de videoxogos
