Final Fantasy VII Remake e Marvel’s Avengers adían o seu lanzamento
martes, 14 de xaneiro do 2020
Pese a
que presentouse xa durante a feira E3 de 2015, o remake de Final
Fantasy VII aínda non é unha realidade, e os seareiros da franquía terán
aínda que agardar máis para gozalo, xa que Square Enix vén de anunciar que non
cumprirá coa data
de lanzamento prevista para o 3 de marzo, e fixa
a data de lanzamento de Final Fantasy VII Remake para o 10 de abril.
Este adiamento busca realizar uns últimos pulidos ao xogo, facendo que a espera
polo mesmo se faga aínda máis longa, aínda que non é o único xogo que recibe o
mesmo tratamento, e Crystal Dynamics tamén anunciou hoxe que o prometedor Marvel’s
Avengers move a súa
data de lanzamento de maio ao 4 de setembro. Este cambio de data de
lanzamento resulta especialmente problemático, xa que supón que o xogo
continuará sen saír cando se celebren as vindeiras edicións do E3 e da
Gamescom, facendo moi visible este retraso e poñendo demasiada atención no acabado
que vaia ter o xogo cando realmente vexa a luz.
- Avengers non verá a luz até setembro