Final Fantasy VII Remake verá a luz o 3 de marzo de 2020
martes, 11 de xuño do 2019
A feira E3 de 2015 foi bastante curiosa polo feito de que Sony
fixo unha grande aposta pola nostalxia, anunciando tanto un remake
do clásico Final Fantasy VII e o agardado Shenmue III (saga que
xa leva 18 anos en suspenso), e moitos incondicionais da compañÃa xaponesa
consideraron que con esas novas Sony gañara a feira, pese a estabamos
principalmente ante fume, pois a dÃa de hoxe ambos xogos continúan sen
chegar ao mercado. Pero aÃnda que Shenmue III continúa a acumular
retrasos, Final
Fantasy VII Remake, tras unha profunda reformulación, vai camiño a
volver a consolas, estando
xa dispoñible en reserva na PlayStation Store cunha data de lanzamento fixada
no 3 de marzo de 2020.
Novo tráiler do xogo
Cómpre salientar que estamos ante un remake e non unha remasterización,
ou sexa, que o novo xogo está baseado no orixinal, pero non só supón unha
enorme mellora gráfica, senón que tamén a súa xogabilidade experimenta grandes
cambios para adaptarse aos novos tempos. Durante a feira E3 deste ano non só se
desvela a data de lanzamento do xogo, senón que tamén se publica o seu novo
tráiler, o que permite ter unha mellor idea do que será a recuperación dun xogo
de rol xaponés que supuxo toda unha revolución, especialmente en Occidente,
onde converteuse no grande referente do seu xénero.
Square Enix tamén desvelou que o xogo contará cunha edición deluxe que incluirá un libro de ilustracións en tapa dura, unha mostra da banda sonora orixinal en CD, unha caixa metálica de Sefirot e contidos descargables adicionais. Os coleccionistas máis acérrimos tamén poderán facerse cunha edición 1st Class que, aparte dos contidos da edición deluxe, tamén contará cunha figura de Cloud Stife e unha dunha motocicleta Hardy-Daytona. Mentres a edición deluxe pode reservarse por 89,99 euros, a edición para coleccionistas chega a uns exorbitantes 299,99 euros.
Paralelamente tamén anunciaron que Final Fantasy VIII ten unha remasterización en curso: