A nostalxia domina a presentación de Sony durante o E3
martes, 16 de xuño do 2015
- Tras moitas dificultades, por fin ve a luz The Last Guardian
A pasada madrugada dentro da feira E3 Sony
presentou os plans de futuro para a súa PlayStation 4, desvelando bastantes
novidades, e confirmando o lanzamento de numerosos xogos que nalgún caso
levaban moitos anos sendo agardados polos xogadores, o que provocou grandes
ovacións, aÃnda que a meirande parte das novidades faranse agardar incluso
varios anos.
Lembremos por exemplo o xogo The Last
Guardian, do que filtrárase un
vÃdeo hai cinco anos, pero que continuaba sen ser confirmado por Sony até a
pasada noite, cando desvelaron que esta obra do Team ICO encabezado por Fumito Ueda verá
a luz en 2016 para PS4. Deste xeito remataron co ruxerruxe que apuntaba á
cancelación deste problemático desenvolvemento (o propio Ueda deixou a compañÃa
e continuou a traballar como asesor externo).
O xogo que quixo deixar ao público con ganas de máis, e que por desgraza non
chegará a tempo para o Nadal, é Uncharted
4: El Desenlace del Ladrón, do que fixeron
unha demostración en directo cunha épica fuxida en coche para demostrar a
mestrÃa de Naughty Dog á hora de ofrecer impresionantes secuencias de acción (e
amosando asà esta novidade na saga, que até o momento non incluÃda a condución
de vehÃculos). ConfÃrmase que o xogo chegará en 2016, pero aÃnda non dan unha
data concreta.
VÃdeo promocional do novo Uncharted
O agardado xogo de loita Street Fighter V
farase agardar até primavera de 2016, pero para axudar ao seu desenvolvemento e
mitigar a espera o
23 de xullo os usuarios de PlayStation 4 poderán participar nunha beta
exclusiva que durará 5 dÃas. Durante a presentación confirmouse a
participación no xogo de Cammy e Birdie.
Outros xogos que se deixaron ver na conferencia de PlayStation foi a aventura
de mundo aberto Dreams de Media
Molecule, o RPG de acción Horizon Zero
Dawn de Guerrilla Games, desvelouse
Destiny: The Taken King de
Bungie, presentouse Call of Duty: Black
Ops III, amosáronse escenas de Star
Wars: Battlefront... pero os grandes momentos do evento chegaron case ao
final, cun aire nostálxico indubidable, como foi o
anuncio de que Yu Suzuki comezaba unha campaña de micromecenado en Kickstarter
para facer realidade Shenmue III en
PlayStation 4 e PC, retomando asà unha triloxÃa iniciada na Dreamcast e que
leva 14 anos abandonada.
O obxectivo desta campaña é
bastante modesto (2 millóns de dólares) e claramente insuficiente para facer o
xogo realidade, polo que parece evidente que é unha estratexia promocional para
un xogo de culto que quere ver a luz pese á oposición de SEGA, compañÃa que
mantén os dereitos das dúas anteriores entregas. A poucas horas do lanzamento
da campaña xa se superou o seu obxectivo inicial.
O outro grande anuncio nostálxico foi
relativo á considerada como a mellor entrega da saga Final Fantasy, que incluso volveu a Steam hai
un par de anos, e que non parece conformarse cunha remasterización, de xeito que confirmaron que están a traballar en Final Fantasy VII Remake, xogo que
chegará en primicia a PlayStation 4, pero que previsiblemente tamén terá
versións para Xbox One e PC.
VÃdeo no que resumen a conferencia de Sony no E3