Fortnite poderÃa volver iOS vÃa web
xoves, 5 de novembro do 2020
A finais de agosto Apple expulsou
a Epic Games da App Store por mor da violación das normas de uso de tal
tenda de aplicacións móbiles, o que como consecuencia tivo que os xogadores de
iPhone e iPad non poden gozar do célebre xogo Fortnite, que aseguran que
ten uns 116
millóns de usuarios en iOS, dos que o 63% só accederÃan ao xogo dende dispositivos
con iOS, o que serÃa un grande problema para eles, xa que agora non poden
gozar dun dos xogos do momento.
Pero esta situación poderÃa mudar en breve, dun xeito non moi satisfactorio, xa
que aseguran que o
servizo de xogo na nube de nVIDIA (GeForce Now) vai chegar a iOS antes do Nadal,
non como aplicación ordinaria, senón como unha plataforma accesible vÃa web.
Deste xeito serÃa posible que Fortnite volvese a iOS, non como un xogo instalado,
senón como un xogo dispoñible en streaming que ao non depender dunha aplicación
instalada respectarÃa as normas da App Store, aÃnda que para un correcto
funcionamento precisarÃa dunha boa conexión á Rede.
Que poida chegar Fortnite a iOS a través de GeForce Now resulta un
tanto rechamante xa que aÃnda non se confirmou que Fortnite vaia funcionar en
plataformas que vaian máis aló de PC, Mac e Android.