Apple expulsa a Epic Games da App Store
venres, 28 de agosto do 2020
O conflito
entre Apple e Epic Games por mor das comisións na App Store estrea novo
capÃtulo, e tras levar o asunto aos tribunais chegou o prazo do primeiro
ultimatum de Apple ante o que Epic non claudicou, o que levou a unha medida
drástica por parte da compañÃa da mazá: borrar
a conta de Epic Games na App Store.
Iso quere dicir que xa non será posible volver descargar xogos como Infinity
Blade ou o célebre Fortnite, asegurándose dende Apple que «o
tribunal recomendou a Epic cumprir coas normas da App Store mentres o caso
avanzaba», e dado que a compañÃa non quixo dar o seu brazo a torcer, Apple
actuou en consecuencia e decidiu expulsar da tenda de aplicacións a Epic Games,
reacción
que a compañÃa de Cupertino tomo de xeito totalmente consciente, levando
aos usuarios da App Store ante un escenario nada satisfactorio, no que hai
xogadores que non poden recuperar un tÃtulo polo que tiñan pagado na tenda de
aplicacións por culpa dun desacordo entre dúas compañÃas que lle resultan
alleas.
Pero os usuarios de iPhone e iPad que aÃnda manteñen o xogo Fortnite
instalado no seu dispositivo non poden manterse alleos do conflito, xa que non
só estarÃan obrigados a non borrar nunca Fortnite do seu móbil se queren
conservalo, senón que a partir de agora quedan sen actualizacións.
Deste xeito temos que o tirapuxa entre Apple e Epic provoca unha consecuencia a
curto prazo que prexudica aos usuarios, xa que a chegada da
tempada 4 a Fortnite coa Guerra no Nexus, na que se incorporan ao xogo
numerosos personaxes do Universo Marvel, queda vetada para dispositivos de Apple,
descolgando asà a moitos xogadores dun dos xogos de máis éxito da historia e promovendo dende
a App Store a un dos competidores de Fortnite, a versión móbil de PUBG,
como alternativa.
Pero a ruptura entre Apple e Epic Games non é total, senón que a xuÃza que leva
o caso entre ambas compañÃas, Yvonne González Rogers, determinou que as
medidas que poida adoptar Apple contra Epic non poden afectar ao Unreal Engine,
ou sexa, que os moitÃsimos xogos desenvolvidos co motor gráfico de Epic poderán
manter con normalidade a súa actividade nas plataformas de Apple, e Epic poderá
continuar o seu desenvolvemento desta ferramenta para equipos e dispositivos da
empresa de Cupertino.
- Os usuarios de dispositivos de Apple quedan fóra da Tempada 4 de Fortnite