
Nestes obradoiros traballarase sobre temas de actualidade como Arduino, a creación de NAS ou centro multimedia con Raspberry Pi e OpenMediaVault ou OpenElec respectivamente. Sinalan dende GALPon que, nas semanas previas a cada un dos obradoiros publicarán na wiki adicada a este ciclo os detalles, temario e horario concreto do obradoiro en cuestión. PROGRAMA:
- Maio: O sábado 25 de maio celebrarase o obradoiro Arduino 1 – Programación de Arduino.
- Xuño: O sábado 29 de xuño celebraranse dous obradoiros, un en horario de mañá e outro en horario de tarde:
- Mañá: Creación dun NAS con OpenMediaVault sobre Raspberry Pi (Base de traballo do mínino-nas-4rpi)
- Tarde: Creación dun «Centro multimedia» con OpenElec sobre Raspberry Pi
- Setembro: O sábado 28 de setembro impartirase o obradoiro Bash + Vi – Iniciación á programación de bash scripting
- Outubro: O sábado 26 de outubro celebrarase o obradoiro Arduino Connect no que se verá de xeito práctico a conexión da plataforma Arduino a diferentes tipos de rede: Bus-Can, Bluetooth, Ethernet, Wifi, …
- Novembro: O sábado 30 de novembro celebrarase o obradoiro Uso avanzado de Vi
