GTA V facturou 800 millóns de dólares en 24 horas
xoves, 19 de setembro do 2013
Que o xogo Grand Theft
Auto V custase
170 millóns de libras esterlinas (201 millóns de euros) parece unha
cantidade ben investida se temos en conta as primeiras previsións de vendas de
Take-Two Interactive, que estima que no primeiro dÃa á venda o pasado martes
para PlayStation 3 e Xbox 360 conseguiu
superar os 800 millóns de dólares (590 millóns de euros), o que é
especialmente destacable se temos en conta que o xogo aÃnda non se estreou no
Xapón nin en Brasil. Deste xeito GTA V
serÃa o xogo de Take-Two co mellor lanzamento na historia da compañÃa,
superando o elevado listón que deixara GTA
IV.
O tÃtulo desenvolvido por Rockstar Games estaba a ser moi agardado, levando a
milleiros de tendas en todo o mundo a abrir a medianoite do luns para permitir
que os usuarios máis impacientes puidesen facerse co xogo en formato fÃsico
dende o primeiro minuto no que podÃa venderse oficialmente.
Grand Theft Auto V non só está a
funcionar ben en vendas, senón que a crÃtica tamén o aplaude, conseguindo unha
puntuación de 98 sobre 100 en Metacritic na súa versión para Xbox 360 (97 para
PS3) de xeito que serÃa o xogo coa mellor puntuación na consola de
Microsoft e o segundo no caso da consola de Sony (só superado, curiosamente,
por Grand Theft Auto IV).
De todos os xeitos, non estamos ante un xogo perfecto e, de feito, dende
Rockstar Games aseguran estar a traballar para solucionar algúns dos erros do
xogo que foron detectándose nas últimas horas, que van dende fallos
de comunicación cos servidores en liña do xogo ata problemas
coa versión descargable para PlayStation 3, polo que non serÃa de
sorprender que nos vindeiros dÃas o tÃtulo reciban unha actualización.