Galicia adquire por 13,9 millóns de euros o computador cuántico máis potente de España
xoves, 2 de marzo do 2023
O
Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) contrata a Fujitsu por 13,9
millóns de euros un dos primeiros computadores cuánticos de Europa, que
será o máis potente de España e que constituirá a principal infraestrutura do
Polo de tecnoloxÃas cuánticas que está a impulsar o Goberno galego, co
obxectivo de colocar Galicia á vangarda neste eido, apoiar o ecosistema
innovador e atraer talento investigador, segundo informouse en
convocatoria de prensa tras o Consello da Xunta.
A Xunta financia
este investimento a través da Axencia Galega de Innovación dentro da súa aposta
pola transición dixital do sistema produtivo e por contar coas mellores
infraestruturas de investigación. O computador, que estará aberto á
investigación e á innovación de todos os sectores académicos e empresariais,
complementa o investimento do supercomputador Finisterrae III, ao cal se
destinaron 7,5 millóns.
A adquisición do
computador cuántico enmárcase dentro do Polo de tecnoloxÃas cuánticas de
Galicia, no cal xa están en execución investimentos por máis de 30 millóns de
euros que xeraron máis dunha trintena de empregos, e co que se prevé un
investimento total de 150 millóns de euros nos próximos anos.
A licitación, con
fondos do programa React UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, foi
aberta en xullo de 2022. A oferta presentada por Fujitsu inclúe, ademais do
computador cuántico de 32 bits cuánticos baseado en tecnoloxÃa de
supercondutores, diferentes infraestruturas complementarias e un plan de
colaboración que facilitará o impulso do Polo de tecnoloxÃas cuánticas de
Galicia por medio da creación do Centro Internacional de Excelencia en
TecnoloxÃas Cuánticas en Galicia.
AsÃ, Fujitsu
colaborará coas universidades galegas na formación e retención de talento;
desenvolverá plans de formación especÃficos para universidades e empresas, e
elaborará proxectos de I+D conxuntamente con outras entidades galegas. A
compañÃa activará, ademais, un programa de I+D en computación cuántica;
impulsará bolsas formativas e desenvolverá casos de uso con empresas. Tamén se
levará a cabo un proxecto de consultorÃa para identificar as industrias que
máis se poden beneficiar desta tecnoloxÃa.
Asà mesmo,
Fujitsu organizará anualmente un evento internacional sobre tecnoloxÃas
cuánticas en Galicia, e creará un mÃnimo de cinco novos postos de traballo
directos.
As tecnoloxÃas
cuánticas actuarán como o elemento tecnolóxico disruptivo que acelerará o
desenvolvemento económico en practicamente todos os sectores, ao dar lugar a
innumerables aplicacións e avances en medicina, ambiente, biotecnoloxÃa,
aeronáutica, automoción, loxÃstica, telecomunicacións ou finanzas, entre
outros. Estes avances, que terán un grande impacto na sociedade, están
relacionados coa potencial capacidade e velocidade de procesamento dos
ordenadores cuánticos, capaces de resolver problemas computacionais en moi
pouco tempo en relación cos superordenadores clásicos.
Estratéxico para todos os sectores produtivos
AsÃ, estas
tecnoloxÃas emerxentes permitirán mellorar a seguridade na transmisión de
datos; axudar a entender a estrutura e o comportamento de moléculas e
materiais; resolver problemas de optimización como planificar mellores rutas,
programar a produción e a asignación de recursos dunha fábrica; ou planificar a
produción para a mellora da eficiencia enerxética, entre outros.
O novo computador
cuántico, no marco do Polo de tecnoloxÃas cuánticas de Galicia, permitirá
posicionar o ecosistema galego de I+D+i na vangarda dunha tecnoloxÃa innovadora
e de gran futuro, captar e reter talento, atraer proxectos de I+D avanzados
cara a Galicia, captar máis financiamento nacional e internacional e crear
novos nichos de mercado no ecosistema empresarial galego. Esta infraestrutura
permitirá crear una comunidade investigadora arredor da computación cuántica
que permita liderar avances nestas tecnoloxÃas, e ter unha vantaxe competitiva
no futuro.