Galicia terá en 2025 unha lei contra a violencia dixital
martes, 19 de novembro do 2024
Alfonso Rueda anunciou hoxe no Parlamento que Galicia se converterá o vindeiro ano na primeira comunidade española en contar cunha lei dedicada exclusivamente a loitar contra a violencia dixital, “que ten moito que ver coa violencia machista”.
O presidente da Xunta explicou que o novo texto, que incluirá medidas de sensibilización, prevención e detección do acoso na Internet, enmárcase no compromiso da Administración autonómica para “acabar coa lacra” da violencia contra as mulleres co obxectivo de avanzar cara unha sociedade con “cero vítimas”.
Resaltou que a Xunta leva anos traballando para previr e loitar contra a violencia de xénero e “sendo pioneira” en moitas das medidas postas en marcha neste eido.