GameStop reducirá persoal nos EE.UU. ante a caÃda das vendas
mércores, 27 de marzo do 2024
A cadea de tendas GameStop, que en 2014 deixou o mercado español pasando as súas tendas galegas á cadea GAME, segue a ser a cadea de tendas de videoxogos de referencia nos EE.UU., pero tamén está a notar o impacto da crise que está a vivir o sector, e Reuters asegura que está a preparar despedimentos para reducir custos tras rexistrar unha caÃda de ingresos no último trimestre do ano. GameStop tamén xustifica estas medidas pola incerteza económica e polo incremento do comercio electrónico no sector.
Os analistas tamén apuntan que non só os consumidores están a mercar os seus xogos a través da Internet, senón que cada vez hai máis xogadores que optan polas versións descargables dos xogos, facendo que a visita ás tendas de videoxogos careza de incentivos para eles.
Ao igual que aconteceu con España, GameStop tamén estarÃa a cesar as súas operacións en Irlanda, SuÃza e Austria.
Actualmente GameStop ten uns 8 mil traballadores a xornada completa e entre 13 e 18 mil a tempo parcial, o que xa supón unha caÃda impresionante sobre os 11 mil traballadores a xornada completa e 14-27 mil a tempo parcial que tiña o ano pasado.
Dá a impresión de que estamos ante unha inevitable desaparición das tendas de videoxogos como aconteceu tamén coa meirande parte de videoclubs e tendas de música.