Mentres Apple consegue que o seu reloxo conectado sexa un éxito a nivel mundial, dende Google teñen bastante abandonada a súa plataforma de wearables, Wear OS, e o feito de que a primeiros de ano mercasen a tecnoloxía do Fossil Groups parece non ter sido dabondo para revitalizar este sector, de aí que agora apuntasen máis alto e optasen por chegar a un acordo de adquisición por Fitbit, compañía con máis de 12 anos de experiencia e con máis de 28 millóns de usuarios activos en todo o mundo.
A compra de Fitbit por parte de Google materializarse ao longo e 2020, e pretende que sexa un xeito de salientar o compromiso de Google polo ecosistema de Wear OS, que grazas á colaboración con Fitbit poderá progresar a un maior ritmo que o actual, para avanzar na vindeira xeración de wearables, gama de produtos que cada vez teñen unha maior importancia nas nosas vidas.
Google mercará Fitbit para progresar no ámbito dos wearables
Compartir Este Artigo

