Guardianes de la Galaxia estrea videoxogo
xoves, 17 de xullo do 2014
Adiantándose
á chegada aos cines o vindeiro 14 de agosto do filme Guardianes de la Galaxia, Marvel estrea nas tendas de aplicacións
un videoxogo inspirado na pelÃcula, adoptando unha estética moi semellante á
que podiamos ver en Marvel Run Jump
Smash!, pero contando con personaxes como Star-Lord, Rocket, Groot, Gamora e Drax nunha batalla na que deberán
loitar para recuperar as cinco pezas da Arma Universal e evitar que caia nas
mans de Ronan o Acusador.
Este xogo fuxe da fórmula do free-to-play,
e véndese
a 4,99 euros para Windows Phone 8/8.1, 7,99
euros para Windows 8, 4,49
euros para iOS e 3,65
euros para Android; permite mellorar e controlar a 25 personaxes do
universo de Guardiantes de la Galaxia;
conta con máis de 60 niveis nos que pelexar en tempo real mediante xestos nun
Modo Historia; inclúe tamén un Modo Arena no que poder reclutar heroes e viláns
adicionais; permite desbloquear movementos combinados e desatar ataques
devastadores con dúos poderosos como Rocket e Groot ou Drax e Gamora; e retaranos
a enfrontarnos cara a cara con malvados como Korath, Nébula e Ronan.
- O novo xogo permÃtenos controlar até 25 personaxes
Trailer do novo videoxogos da Marvel