Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HBO Max verá a luz nos EE.UU. en maio de 2020
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HBO Max verá a luz nos EE.UU. en maio de 2020

Marcus Fernández
Publicado: 30/10/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hbo_max_eify_a7uwaezdgv.jpgAs plataformas de vídeo baixo demanda están en plena revolución, coa estrea de Apple TV+ o vindeiro día 1, seguida o día 12 co lanzamento estadounidense de Disney+ (que probablemente chegue a España dentro dun ano); e finalmente xa sabemos máis do que promete ser o seu grande competidor nos EE.UU.: HBO Max. Esta nova plataforma verá a luz en maio de 2020, con máis de 10.000 horas de contido e un prezo de 14.99 dólares/mes.
HBO Max non será simplemente o que hoxe entendemos por HBO, senón que congregará contidos doutras marcas como Warner Bros, TNT, Crunchyroll, Cartoon Network, Adult Swim, DC, New Line… ou sexa, que sería a grande plataforma dixital de WarnerMedia, que mestura o seu inmenso catálogo cunha serie de contidos licenciados a terceiros, para consolidar unha oferta capaz de competir cara a cara con Netflix, en vez de presentarse como un complemento (como farían o resto de plataformas emerxentes mentres non conseguen ampliar o seu catálogo de contidos).
hbo_max_eie_cidvuaavqdp.jpgEsta nova plataforma, que contará con contidos de éxito como Friends, The Big Bang Theory ou South Park, filmes como Joker, e as futuras producións de HBO (como unha precuela de Game of Thrones), tería moi complicada a súa internacionalización, xa que as súas canles están a ser explotadas de xeito moi diverso en cada país, pero dado que estamos ante un movemento estratéxico, nos vindeiros anos podemos atopar como a marca HBO consegue reforzarse como un aglutinador de contidos da Warner, converténdose nun dos grandes actores nas plataformas de streaming, entre as que actualmente aínda non ten peso dabondo.


Vídeo promocional de HBO Max

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?