Halo: Spartan Assault estrea versión para Xbox One

luns, 23 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Halo: Spartan Assault é un xogo de acción con vista aérea e ritmo frenético que sitúase entre os acontecementos sucedidos entre Halo 3 e Halo 4 e que destacaba por comercializarse só para Windows 8/RT e Windows Phone 8, dando a impresión de que quería destacar as posibilidades da converxencia entre ambas plataformas móbiles de Microsoft, e que agora quere potenciarse estreando versión para Xbox One, consola para a que pode adquirirse en formato descargable por só 4,99 euros (prezo inferior ao do resto de plataformas).
Este novo título desenvolvido por Vanguard Games permite prosperar como Spartan participando en máis de 30 misións no modo Campaña facendo uso de moitas armas, vehículos e habilidades de armadura moi coñecidos polos seareiros desta saga de xogos. Tamén conta coa posibilidade de cooperar en liña cun amigo para loitar contra as vagas de inimigos aos que hai que facer fronte.
Os usuarios que queiran catar o xogo antes de mercalo cómpre advertir de que existe unha versión Lite para Windows 8/RT que permite gozar da primeira das 30 misións.

PUBLICIDADE