Hellblade: Senua’s Sacrifice sae á venda para PS4 e PC
martes, 8 de agosto do 2017
Durante
a celebración da Gamescom de 2014 Sony sorprendeu
realizando anuncios de producións das que non comentara nada durante o E3,
o que contribuÃu a dar relevancia á edición da feira de videoxogos de Colonia,
sendo un dos pratos fortes Hellblade,
xogo de acción de Ninja Theory, o estudio detrás de Heavenly Sword e DmC, de
xeito que a expectación ao redor do xogo era elevada e aÃnda que se esperaba
que fose exclusivo para PlayStation 4, pouco despois anunciouse que tamén terÃa
versión para PC.
Pasados tres anos o xogo xa é unha realidade, pero esta especie de superprodución independente nótase que é
un xogo moito máis modesto do que deuse a entender inicialmente, de xeito que
esta aventura con toques de hack and
slash non sae á venda a prezo
completo, senón que a partires de hoxe pode mercarse
para PlayStation 4 e PC
(Steam) a un prezo de 29,99 euros.
Este novo xogo está ambientado na era viquinga colócanos na pel dunha guerreira
celta traumatizada, Senua, que se embarca nunha misión onÃrica obsesiva para loitar pola
alma do seu defunto amante. Hellbalde:
Senua’s Sacrifice busca somerxer ao xogador na furia melancólica da
esnaquizada mente de Senua, de xeito que este xogo de acción transmite algo
máis do que resulta habitual no seu xénero e, aÃnda que non sexa o grande
lanzamento que podiamos pensar que serÃa tras a súa presentación, é unha
creación máis que digna que ten a garantÃa de vir da man dun estudio máis que
solvente á hora de desenvolver xogos hack
and slash.
- Hellblade é un hack and slash cun acabado gráfico moi coidado
Tráiler de Hellblade: Senua’s Sacrifice