Hispasat achegará a Rede a zonas afastadas por 35 euros/mes
mércores, 8 de febreiro do 2023
O Ministerio
de Asuntos Económicos e Transformación Dixital vén
de publicar a resolución provisoria da convocatoria de axudas para garantir o
acceso á banda larga de 100 Mbps a un prezo de 35 euros/mes para o usuario
final, co obxectivo de pechar a fenda dixital nas zonas rurais, remotas e pouco
poboadas de todo o territorio español, resultando adxudicataria deste programa a
compañÃa Hispasat, elixida entre 10 empresas solicitantes.
Hispasat recibirá axudas por valor de 76,3 millóns de euros do programa UNICO
Demanda Rural para empregar a súa infraestrutura de satélites para dar
conectividade á Internet a lugares aos que non chegue cobertura fixa que
garanta unha velocidade mÃnima de 50 Mbps. O servizo que achegarán terá que ser
asequible, cunha velocidade de ao menos 100 Mbps, e deberá ofrecerse até o 31
de decembro de 2027.
A axuda concedida a Hispasat distribúese en 40,3 millóns de euros para a
configuración do servizo e o establecemento dunha plataforma con recursos de
rede, e 36 millóns para sufragar a alta do usuario final.