IBM e Apple retiran a súa publicidade de X por amosarse xunto a publicacións nazis
venres, 17 de novembro do 2023- Algúns exemplos de publicidade xunto a publicacións nazis
Os problemas de
reputación de X/Twitter en vez de mellorar, van a peor, non só pola mala
xestión da información relativa ao conflito en Israel/Gaza, senón tamén por manter
a súa pasividade con contidos tóxicos e discursos de odio mentres declaran
publicamente que si están a tomar medidas (simplemente para tranquilizar a
anunciantes e gobernos).
O pasado martes puidemos ver como o Centro para Contrarrestar o Odio Dixital (CCDH)
publicou un informe no que daban conta de como, tras denunciar 200 publicacións
en X/Twitter con contidos de odio (incitando á violencia contra musulmáns,
xudeus e palestinos, deshumanizar aos palestinos, negar o holocausto, glorificar
os nazis e promover teorÃas da conspiración antisemitas) que sumaban máis de 24
millóns de visualizacións, atoparon con que nunha
semana continuaban en liña 196 das publicacións (o 98%) e só se emprenderan
medidas contra 3 contas de usuario das 101 que fixeran as publicacións (e das
que 43 eran contas verificadas).
A este informe seguiulle onte unha
denuncia de Media Matters for America, advertindo que as publicacións en
X/Twitter con mensaxes nazis e con outros discursos de odio presentaban ao seu
carón publicidade de Apple, Bravo, Oracle, Xfinity e IBM, o que provocou
inicialmente a retirada
da publicidade na plataforma social por parte de IBM, compañÃa que aseguro ter
«tolerancia cero cos discursos de odio e a discriminación» e asegurando que
están a investigar esta «situación completamente inaceptable».
A percepción deste incidente agravouse seriamente despois de que o propio Elon Musk amosase
o seu apoio a unha teorÃa da conspiración antisemita (contando as
publicacións con notas da comunidade que non son visibles pese aos millóns de
visualizacións que están a recibir, confirmando a inutilidade desta ferramenta
que empeorou seriamente tras a entrada de Musk na compañÃa). Esta situación é
tan grave que o voceiro Andrew Bates tamén manifestou
o rexeitamento da Casa Branca ao inaceptable comportamento de Musk ao espallar
horrendas mentiras antisemitas.
Nesta situación sabemos agora que tamén Apple
suspendeu a súa publicidade en X/Twitter, mentres que a directora xeral da
compañÃa de Elon Musk, Linda Yaccarino, continúa a facer declaracións públicas surrealistas,
asegurando
que X esfórzase en combater o antisemitismo e a discriminación, o que
claramente non é certo polo que pode verse en todas as denuncias desatendidas e
no comportamento do propietario da compañÃa.
ACTUALIZACIÓN: A Unión Europea, Disney, Lionsgate e Warner Bros. Discovery tamén anuncian que cesan a súa publicidade en X.