
Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización, tamén fixo fincapé no fondo significado destes premios e todo a innovación que poñen de relevo, “un claro exemplo de que Galicia conta con capacidade para competir en ideas e innovación apostando por novos proxectos TIC: consolidando as empresas do sector, creando novas aplicacións e servizos online e adaptando a forma de comunicar ás necesidades do mercado actual”.
Asemade, a secretaria xeral indicoulles aos participantes que coas súas iniciativas “demostrades que tedes a capacidade e a ilusión necesaria para afrontar con éxito o reto de competir neste contexto dixital apostando por solucións e servizos de futuro.”
A responsable de Modernización sinalou tamén que o futuro encamíñase na dirección de modelos de negocio en liña que foron evolucionando para satisfacer a accesibilidade, a rapidez e a personalización da demanda actual. Deste xeito, destacou as últimas cifras de 2009 do sector dos contidos dixitais, “que creceu case un o 33% respecto a 2008 e rexistrou unha facturación de máis de 8.000 millóns de euros, incluso nunhas circunstancias económicas adversas”.
Mar Pereira salienta a capacidade de innovación das nosas empresas nos Premios EGANET
Compartir Este Artigo
