Meta ficha ao responsable do equipo de deseño de Apple
mércores, 3 de decembro do 2025
Estamos afeitos a escoitar novas sobre fichaxes de grandes figuras profesionais do eido da IA por parte de Meta, pero desta volta a sorpresa é porque a compañÃa de Mark Zuckerberg roubou un executivo de Apple no ámbito do deseño, Alan Dye, quen hai pouco foi o responsable de presentar ao mundo a interface Liquid Glass que adoptaron os sistemas operativos da compañÃa de Cupertino.
Esta fichaxe por parte de Meta responderÃa á aposta da empresa polos dispositivos de consumo equipados con intelixencia artificial, de xeito que a captación de talento externo pode axudar a dinamizar este tipo de produtos.
Dye, responsable do equipo de deseño de interface de Apple desde 2015, comunicou esta semana á compañÃa que abandonaba o cargo. Incorporarase a Meta o 31 de decembro como director xeral de deseño, liderando un novo estudio encargado da unificación do deseño de hardware, software e integración de IA. O seu labor estará directamente vinculado a Reality Labs e reportará ao director de tecnoloxÃa de Meta, Andrew Bosworth, con foco en dispositivos de consumo como lentes intelixentes e cascos de realidade virtual.
Apple confirmou a marcha a través dunha declaración facilitada a Bloomberg News. Nela, o conselleiro delegado, Tim Cook, anunciou que o veterano Stephen Lemay asumirá a dirección do equipo de deseño de interface.
A saÃda de Dye agrava a fuga de talento que a área de deseño da compañÃa vén experimentando desde a marcha de Jony Ive en 2019. O propio Dye asumira aquel momento un papel máis protagonista, definindo a estética e a experiencia de uso dos sistemas operativos máis recentes, das aplicacións nativas e de produtos icónicos como o iPhone X, o Apple Watch ou Apple Vision Pro. O seu equipo tamén estaba implicado no desenvolvemento dunha nova xeración de dispositivos domésticos intelixentes.
A situación chega nun perÃodo especialmente sensible para Apple, que encadea baixas de alto nivel. En novembro retirouse Jeff Williams, histórico director de operacións; e esta mesma semana John Giannandrea, responsable da estratexia de IA e aprendizaxe automática, anunciou a súa saÃda tras anos nos que a compañÃa tratou de recuperar o terreo perdido nesta tecnoloxÃa. O pasado outono tamén se retirou Dan Riccio, antigo responsable de hardware.
Meta, pola súa banda, reforza con esta fichaxe a súa ambición de converterse nun referente en hardware de consumo. Xunto con Dye incorpórase tamén Billy Sorrentino, directivo de Apple desde 2016. O novo máximo responsable de deseño supervisará tamén o traballo dos actuais lÃderes da área en Meta: Josh To, Jason Rubin e Peter Bristol.
VÃdeo no que Alan Dye presenta Liguid Glass
