Microsoft celebra os seus 50 anos cunhas Crocs de Windows XP

mércores, 1 de outubro do 2025 Marcus Fernández

Entre as moitas actividades que está a organizar Microsoft para celebrar os seus 50 anos de vida, sorprendeu unha colaboración coa marca Crocs que consiste nunha edición especial das súas zapatillas personalizas para lembrar a Windows XP cun deseño inspirado no seu célebre fondo de pantalla e con pins de Jibbitz representando elementos icónicos como o cursor, a bolboreta de MSN, o logotipo do Internet Explorer e o asistente Clipo.
Estas zapatillas estaban dispoñibles en exclusiva para empregados de Microsoft, e para que os entusiastas da compañía de Redmond teñan a oportunidade de facerse con este orixinal calzado, inician un sorteo en Instagram no que para participar chega con escribir un comentario no que se incorpore o cancelo #microsoftcrocsweepstakes antes das 9 da mañá do vindeiro mércores.