Microsoft demostra confiar no futuro de Xbox One
luns, 13 de xuño do 2016
Aparte
de presentar
a nova Xbox One S, Microsoft realizou unha grande
conferencia durante a feira E3 na que deron conta de numerosas novidades ao
redor do universo Xbox, que tende pontes ao PC e incluso á realidade virtual,
de xeito que case poderiamos dicir que estamos ante un perÃodo de transición
dirixido a unha revolución que comezará a finais do ano que vén co Project
Scorpio, unha nova e ambiciosa consola de Microsoft que manterÃa a
compatibilidade coa Xbox One, pero casarÃa co vÃdeo el ultra alta definición e
a realidade virtual, converténdose na consola máis potente da historia de
confirmarse as especificacións filtradas sobre a versión renovada que se espera
da PlayStation 4.
Primeiro vistazo en vÃdeo á nova Xbox One S ofrecido por The Verge
Novos mandos
A nivel de hardware, os mandos para Xbox One cobraron certo protagonismo durante
a presentación, destacando o feito de que en EE.UU., Canadá e Porto Rico
poderán gozar do Xbox Design Lab,
un sistema que permite personalizar as cores dos mandos da consola en máis de 8
millóns de variacións, e que custarán 79,99 dólares cada un (podendo pagarse 9,99
dólares adicionais para gravar con láser o accesorio); aÃnda que os máis
sibaritas poderán optar por facerse cun mando Elite sen fÃos personalizado coa
estética de Gears of War 4, que
estará dispoñible a primeiros de outubro en unidades moi limitadas, e que terá
o prohibitivo prezo de 199,99 euros.
VÃdeo promocinal do mando Elite de Xbox One inspirado en Gears of War 4
Novas funcionalidades en liña
A plataforma de xogo de Microsoft tamén experimentará moitas novidades, de
xeito que Xbox LIVE estreará clubs (como un xeito de conectar a xogadores e
crear comunidades privadas); as consolas Xbox One e os equipos con Windows 10
poderán gozar de Arena para Xbox LIVE, que será unha nova plataforma para a
creación de torneos en liña, que moitos usuarios levaban tempo esperando; o
xogo cruzado entre Xbox One e Windows 10 converterase nun elemento habitual
(confirmándose que o terán Gears of War 4,
Forza Horizon 3, Sea of Thieves e Scalebound)
e incluso se leva ao extremo co Minecraft
(de xeito que os xogadores de iOS, Android, Windows 10 para teléfono e
dispositivos poderán goza de modos multi-xogador entre os distintos
dispositivos); o asistente Cortana chegará á Xbox One; e como detalle moi de
agradecer, o xogos agora terán independencia da rexión, ou sexa, que xa non
estarán atados á lingua asociada á rexión actual, de xeito que os xogadores
poderán elixir a lingua na que gozan dos seus xogos.
Asà será o multi-xogador de Sea of Thieves
Completo catálogo de futuros lanzamentos
Microsoft presentou unha chea de xogos que chegarán a Xbox One e Windows 10 no
que resta do ano (aÃnda que uns poucos tÃtulos non chegarán ata 2017), como ARK: Survival Evolved (que chegará en
primicia para os sistemas de Microsoft), Battlefield
1, Dead Rising 4 (xogo presentado
oficialmente neste evento); Final Fantasy
XV, Forza Horizon 3 (tamén
presentado oficialmente hoxe), Gears of
War 4, Gwent, Halo Wars 2, Inside, Minecraft (que
estrea contorno en liña multi-xogador), ReCore,
Sea of Thieves, State of Decay 2 (exclusivo para Xbox One e Windows 10 presentado
hoxe), Scalebound (xogo de
PlatinumGames que tamén será exclusivo para Xbox One e Windows 10), Tacoma, Tom Clancy’s The Division – Expansion 1: Underground, We Happy Few e Tekken 7, destacando este último por anunciarse para 2017 cunha
atractiva promoción para ir abrindo boca: os usuarios Gold de Xbox LIVE poden
xa descargar de balde o xogo Tekken
Tag Tournament 2.
VÃdeo que deixa ver o agardado Scalebound de PlatinumGames
