Microsoft farase cargo das reparacións de consolas Xbox 360 que presenten o erro E74
martes, 14 de abril do 2009
Os usuarios da Xbox
360 tiveron que padecer os problemas da aparición de tres luces vermellas en moitas das consolas que supoña unha avarÃa
grave da mesma por mor dun fallo de deseño, o que levou a Microsoft a ampliar a
garantÃa da súa consola de alta definición para tranquilizar aos consumidores, e
para manter o mesmo nivel de atención ao cliente (considerado exemplar) agora a
compañÃa estende a mesma medida a un fallo semellante da súa consola.
Deste xeito, os usuarios que ven que na pantalla da súa Xbox 360 aparece unha
mensaxe co erro E74 poderán respirar tranquilos e saber que non
deberán pagar nada pola súa reparación ata 3 anos despois da súa
compra. A compañÃa tamén se comprometeu a reembolsar a cantidade pagada pola
reparación dunha avarÃa deste tipo de producirse antes da entrada en vigor
desta medida (tendo os clientes ata
o 1 de novembro para solicitar o reembolso económico).
