Movistar incrementará a velocidade básica da súa fibra óptica simétrica o mes que vén

xoves, 8 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Durante o XXX Encontro de Telecomunicacións e Economía Dixital organizado por AMETIC por parte de Telefónica non só interveu Álvarez-Pallete coa súa proposta de creación dunha plataforma para o control dos datos persoais dos usuarios, senón que o presidente de Telefónica España, Luis Miguel Gilpérez, tamén aproveitou o evento para anunciar que a súa compañía prevé levar a súa fibra óptica até 25 millóns de fogares en 2020, o que suporía chegar á práctica totalidade dos fogares de España.
Pero a máis curto prazo Movistar tamén ten novidades, xa que está a preparar unha nova velocidade de referencia para as conexións de fibra óptica, que pasará a ser de 50 Mbps simétricos fronte aos 30 Mbps actuais, e que estará dispoñible a partires de outubro.
Tamén preparan novos servizos audiovisuais, como Home Zone, que permitirá ver a televisión en tres dispositivos simultáneos, con acceso a canles de fútbol, contidos en directo ou vídeo baixo demanda en calidade HD; o Recomendador, que realizará suxestións de contidos en funcións dos consumos anteriores; e Wifi Base, unha aplicación que permitirá que os clientes poidan xestionar os dispositivos conectados no fogar ou ofrecer a súa rede Wi-Fi a dispositivos alleos.

PUBLICIDADE