Nova prórroga para a prohibición de TikTok nos EE.UU.
mércores, 17 de setembro do 2025
O presidente dos Estados Unidos, Donald J. Trump, vén de asinar unha nova orde executiva coa que prolonga ata o 16 de decembro de 2025 a moratoria na aplicación da Lei para a Protección dos Americanos fronte a Aplicacións Controladas por Adversarios Extranxeiros, que afecta de maneira directa a TikTok.
O documento supón a cuarta prórroga dun adiamento que comezou en xaneiro, cando entrou en vigor a lei que obriga á venda da plataforma de orixe chinesa ou, en caso contrario, a súa prohibición no paÃs. Mentres dure esta suspensión, o Departamento de Xustiza non poderá adoptar medidas de sanción nin contra TikTok nin contra outras aplicacións consideradas baixo control de adversarios estranxeiros. Ademais, a orde establece que tampouco se poderán reclamar responsabilidades polo uso destas aplicacións en perÃodos anteriores á súa entrada en vigor.
A Casa Branca subliña que a decisión responde a razóns de seguridade nacional e reforza a competencia exclusiva do Executivo para aplicar esta lei, impedindo que estados ou particulares intenten promover accións por conta propia. O fiscal xeral recibirá o encargo de emitir directrices escritas para garantir a aplicación da orde e cartas formais aos provedores nas que se aclare que non existe responsabilidade polo uso da aplicación durante o tempo cuberto polas prórrogas.
Con esta medida, Washington gaña marxe polÃtica e xurÃdica á espera de que poida pecharse un acordo definitivo sobre o futuro de TikTok nos Estados Unidos, unha cuestión que se debate desde hai anos e que segue sen resolución clara. As últimas informacións apuntan a que Oracle, Silver Lake e Andreessen Horowitz encabezarán un consorcio que pasará a controlar preto do 80 % da nova compañÃa, mentres que os accionistas chineses de ByteDance conservarán unha participación lixeiramente inferior ao 20 %.
