Nun par de semanas teremos un lote de Nintendo Switch co xogo Fortnite
martes, 18 de setembro do 2018
Que Fortnite sexa
un xogo de balde non impide que os fabricantes de consolas lancen lotes de
consola + xogo con este tÃtulo, e ao
igual que o fixo Sony coa súa PS4, agora chega Nintendo e anuncia que o 5
de outubro porá á venda un lote de consola Nintendo Switch que inclúe 1.000
paVos (a moeda do xogo) e o Double Helix Bundle
(que inclúe unha aparencia única, unha mochila, un planador e un pico). Fortnite, pola súa banda, continúa a
poder descargarse
de balde da Nintendo eShop.
Pese a que Fortnite xa leva bastantes
semanas en iOS e a súa versión para Android está dispoñible en probas para cada
vez máis dispositivos, a plataforma móbil que está a ter mellor aceptación entre
os xogadores é a Nintendo Switch, posiblemente por ter un sistema de control
máis tradicional, no que os dedos non dificultan a visión da pantalla, e as
mecánicas de xogo son máis semellantes ao dos ordenadores persoais e as
consolas domésticas.
