O Centro GaiásTech publica unha aplicación móbil que facilita o acceso aos seus servizos
luns, 10 de febreiro do 2025
O Centro GaiásTech vén de sumar un novo servizo coa publicación dunha aplicación que busca incrementar a accesibilidade dos seus servizos a cidadáns e empresas. A aplicación móbil, dispoñible para Android e para iPhone, facilita aos usuarios a inscrición nas actividades, a reserva de espazos no centro e a participación en foros de debate enfocados nas tecnoloxÃas innovadoras.
A aplicación engádese aos 13 servizos que ofrece actualmente o GaiásTech e busca xerar comunidade en torno á transformación dixital a través do sistema de foros interactivos que ofrece.
O Centro GaiásTech, situado na Cidade da Cultura e dependente da AMTEGA, ten como obxectivo ofrecer á cidadanÃa e ao tecido empresarial información e capacitación sobre o proceso de transformación dixital e facilitar o acceso e coñecemento dos recursos e ferramentas dispoñibles en torno ás últimas solucións tecnolóxicas.