O Commodore 64 terá versión mini
venres, 29 de setembro do 2017
Aproveitando a atención xerada polo lanzamento da SNES
Mini, Retro Games Ltd. anuncia que está a preparar THEC64 Mini, unha versión do clásico Commodore
64 que, aparte de ter a metade de tamaño, pode conectarse a televisores
modernos mediante HDMI, inclúe un joystick clásico que pode conectarse a un dos
seus 2 portos USB e integra 64 xogos licenciados. Este produto chegará ao
mercado a primeiros de 2018 distribuÃdo
por Koch Media a un prezo de 79,99 euros.
Temos asà que o ordenador de 8 bits nacido en 1982 e que durante a década dos
80 converteuse en todo un referente (aÃnda que en España foron máis populares
outros ordenadores como o ZX Spectrum, o Amstrad CPC e o MSX) volve ás
pantallas dos fogares dun xeito fiel á experiencia orixinal. Achegará xogos
como California Game, Speedball 2: Brutal Deluxe, Paradroid e Impossible Mission, dentro dunha selección de xogos de diferentes
xéneros que no seu dÃa conseguiron as mellores crÃticas na prensa
especializada.
THEC64 Mini terá funcións novas, como gardar e reanudar partidas e filtro para
simular os televisores de tubo. O cable HDMI incluÃdo será de 1,2 metros e o
cable que une o equipo co seu joystick será de 1,5 metros, detalles que buscan
evitar os problemas que tivera no seu dÃa a NES Mini, consola que habÃa que
empregar moi preto da pantalla, algo habitual nos anos 80, pero que agora
resulta molesto, tanto pola disposición dos salóns como polo tamaño das
pantallas.
Un dos vÃdeos promocionais do THEC64 Mini