O Echo Show 15 integra funcións de Fire TV
mércores, 7 de decembro do 2022
A
finais de 2021 Amazon presentou os Echo Show 15 como unha pantalla conectada
Full HD de 15,6 polgadas e cámara de 5 MpÃxeles que pode instalarse coma se fose
un cadro, e que aspiraba a converterse no centro do fogar dixital, á vez que
facilitaba o acceso a contidos multimedia en streaming, pero deberon entender
que esta última vertente era a máis atractiva para o público, e agora o dispositivo integra Fire TV e
pode controlarse con mando a distancia, de xeito que incluso poderÃa verse
como unha alternativa ao televisor
nalgúns espazos do fogar.
Os usuarios do Echo Show 15 poden
gozar das novas funcionalidades a través dunha actualización de software de
balde, e adquirir un mando a distancia aparte, de xeito que a pantalla
conectada de Amazon comportarÃase dun xeito semellante a conectar un Fire TV Stick
a un monitor, aÃnda que nesta ocasión o Echo Show 15 continúa a poder controlarse
de xeito táctil, polo que estamos ante un produto moi versátil que simplemente
gaña funcionalidades para integrarse mellor nas rutinas diarias dos seus
usuarios.
O Echo Show 15 é un produto que pode integrarse de xeito doado nunha cociña ou
en calquera outra habitación do fogar, podendo empregarse para consultar a hora,
a información meteorolóxica, o calendario familiar, a domótica (por exemplo,
para poder interactuar con cámaras de vixilancia) e, cando o consideremos
oportuno, empregarse a xeito de Smart TV, reproducindo contido en streaming, o
que fai moito máis doada a xustificación da súa compra, xa que non é un produto
especialmente económico (o seu prezo oficial con mando é de 279,98 euros, aÃnda
que actualmente véndese a 267,98 euros). A versión sen mando, que normalmente
custa 249,99 euros, pode atoparse en ofertas puntuais até a 199,99 euros, prezo
que segue a ser superior ao dun televisor de pequenas dimensións, pero que pode
xustificarse polas súas funcionalidades adicionais.