O Huawei MatePad Pro preséntase como unha alternativa ao iPad Pro, pero sen os servizos de Google
luns, 25 de novembro do 2019
AÃnda que a situación entre Huawei e os EE.UU. segue sen solucionarse,
a compañÃa chinesa non cesa de presentar novos produtos, sendo bastante curioso
que ousasen estrear a nova MatePad Pro, unha
tableta que semella orientada a competir co iPad Pro de Apple, pero que polo momento
terÃa dificultades para comercializarse no noso mercado xa que non inclúe os
servizos de Google preinstalados.
Esta potente tableta ten unha orientación profesional, de xeito que pode
completarse cunha funda-teclado e cun lapis dixitalizador (chamado M-Pencil),
funciona cun procesador Kirin 990 (procesador empregado nos potentes Mate
30 e Mate 30 Pro); a súa pantalla IPS de 10,8 polgadas ten unha resolución
de 2.560 x 1.600 pÃxeles e un marco de só 4,9 milÃmetros, integra unha cámara
frontal de 8 MpÃxeles mentres que a súa cámara traseira é de 13 MpÃxeles, ten 4
altofalantes Harman Kardon, o seu grosor é de 7,2 milÃmetros, pesa 460 e a súa
baterÃa de 7.250 mAh soporta carga rápida a 40 watts por cable e a 15 watts
mediante indución.
A versión con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento véndese por un prezo que
parte dos 3.299 iuans (426 euros), mentres que a versión máis completa, con 8
GB de RAM, 256 GB de almacenamento, teclado e lapis chegarÃa a custar 4.499
iuans (581 euros).
Polo momento non se sabe se remataremos vendo este produto en Europa, xa que
dependerá principalmente da posibilidade de integrar os servizos de Google
neste dispositivo.