O LG G8X terá unha pantalla secundaria opcional
venres, 6 de setembro do 2019
Antes
do verán LG quixo responder aos móbiles con pantalla encartable cun accesorio
para o LG
V50 ThinQ 5G que consiste nunha pantalla secundaria opcional, e ese
concepto parece ter certo potencial, polo que aproveitaron a feira IFA de
BerlÃn para presentar
o LG G8X, o novo smartphone insignia da compañÃa que tamén poderá gozar da
LG Dual Screen, para crear unha nova experiencia de uso multi-tarefa.
A nova versión da LG Dual Screen ofrece unha bisagra de 360 graos, facilitando
a colocación do teléfono e a pantalla dun xeito semellante a como fariamos cun
ordenador portátil, e desta volta a pantalla secundaria presenta as mesmas 6,4
polgadas que a pantalla do LG G8X e cámara frontal, ou sexa, que case parece
que temos dous teléfonos idénticos unidos por un lateral, conseguindo unha
agradable simetrÃa e conseguindo asà unha maior versatilidade.
O LG G8X tamén presume dunha boa cámara frontal de 32 MpÃxeles, un par de altofalantes
de 1,2 watts para conseguir unha experiencia estéreo perfectamente balanceada e
tamén consegue unha aparencia limpa grazas a que agora para conectar a pantalla
secundaria xa non se empregan Pogo Pins, senón que a funda que suxeita a
segunda pantalla aproveitará o porto USB para a conectividade. Outros elementos
salientables é que o teléfono opta por lector de pegada dixital en pantalla, a
súa baterÃa é de 4.000 mAh, ten resistencia IP68 a auga e po, a súa cámara
traseira dual é de 12 e 13 MpÃxeles (aproveitando o segundo obxectivo como
grande angular), funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 855 e chegará con
6 GB de RAM e 128 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD de até 2 TB).