O Realme GT7 Pro chega a España a un prezo de 799,99 euros

martes, 26 de novembro do 2024 Marcus Fernández

A primeiros de mes presentouse en China o Realme GT7 Pro como o smartphone con procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite co prezo máis económico do mercado, ao poder adquirirse por dende 3.599 iuans (466 euros) na súa versión con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, e finalmente temos este impresionante smartphone en España, cun prezo de lanzamento de 799,99 euros para a versión máis básica (cun cargador de 120 watts).
O Realme GT7 Pro é móbil moi completo, co procesador de referencia na gama alta, 12 GB de memoria RAM LPDDR5X, 256/512 GB de almacenamento UFS 4.0, pantalla AMOLED de 6,78 polgadas cunha velocidade de refresco variable entre 1 e 120 Hz e un brillo de pico de 6.000 nits, unha batería de 6.500 mAh con carga rápida de 120 watts, Wi-Fi 7, Bluetooth 5.4, NFC, cámara frontal de 16 Mpíxeles e unha cámara traseira tripla con sensores de 50 Mpíxeles (ten o seu teleobxectivo un zoom de 3x).
Estamos ante un smartphone que está a impresionar pola súa potencia e pola súa autonomía, factores que até hai pouco non viñan da man, indicando o que podería ser unha tendencia para 2025.