TEDxGalicia botou unha ollada ao futuro
luns, 18 de xullo do 2016
- Wicho dedicou a súa charla a desbotar o mito dos nativos dixitais
O
pasado sábado celebrouse unha nova edición de TEDxGalicia no Museo Centro Gaiás, na
Cidade da Cultura, sendo a primeira vez que o evento repite emprazamento e,
como é habitual nesta serie de encontros, o aforo estaba esgotado desde meses
antes, podendo os participantes desta edición escoitar relatorios en vivo, combinados
cunha charla TED internacional, unha conversa, algún sketch humorÃstico e varias actuacións musicais, de xeito que
conseguiuse completar unha xornada moi variada para facer doada de levar a
sucesión de relatorios que dentro de varias semanas poderán verse a través de
YouTube para fomentar a reflexión sobre os temas abordados baixo o lema De que está feito o futuro?.
- O uso da tecnoloxÃa na educación tamén foi un dos temas abordados durante as charlas
Por primeira vez, TEDxGalicia repartiu as súas charlas en sesións de mañá e
tarde, dada a cantidade de contidos que querÃan achegar ao público,
converténdose na edición máis ambiciosa desde evento independente TED nacido en
2010, que desta volta contou cunha importante presenza de contidos
tecnolóxicos, como a chamada ao escepticismo sobre os contidos publicados a
través da Rede do divulgador tecnolóxico Marcus Fernández; a reflexión sobre a
educación 2.0 do mestre Alberto Sacido; a reivindicación da cortesÃa en liña da
autora do libro NETiqueta. Comunicación
en Entornos Digitales, Mar Castro; a exposición da revolución que están a
supor os novos xeitos de traballo visibles nos fenómenos do coworking e a cultura Maker, da man de Chus Prol, xestora de
Doutroxeito Coworking; o informático Javier Pedreira Wicho quixo desbotar o mito dos nativos
dixitais, destacando que a adaptación as tecnoloxÃas por parte dos
individuos ten que ser constante, e deixando claro que ninguén nace aprendido; e o cómico VÃctor Grande
quixo analizar a as polémicas sobre o humor que xorden nas redes sociais e o
perigo da perda do contexto que as provoca.
O encontro pechou con agradecementos aos moitos voluntarios que o fixeron
posible, destacando o caso dunha das produtoras do evento, que ao estar en estado
de boa esperanza era un bo exemplo da temática da xornada, xa que servÃa para
representar o TEDxGalicia do futuro.
- O encontro pechou cun bo exemplo do que será o TEDxGalicia do futuro.
- O coworking e a cultura Maker foron temas salientados por Chus Prol no seu relatorio
- VÃctor Grande comentou os problemas que está a provocar no humor a perda de contexto das redes sociais
- Mar Castro reivindicou a necesidade da Netiqueta