O altofalante Sonos One poderá funcionar cos asistentes virtuais de Amazon e Google
xoves, 5 de outubro do 2017
- O altofalante Sonos One estará dispoñible en cor branca ou negra
O fabricante de equipos de audio Sonos porá á venda o
vindeiro 24 de outubro o seu novo altofalante conectado, o Sonos One, que inicialmente
será compatible co asistente virtual de Amazon, Alexa, que polo momento non
funciona en español, e que en 2018 recibirá soporte por parte do asistente de
Google, converténdoo nun produto moi versátil para quen queira converter un
altofalante de calidade nun elemento
interactivo no fogar que poida controlar dende a reprodución musical en varias
habitacións até outros elementos domóticos.
Os Sonos One son algo máis que un altofalante de calidade que pode colocarse en
calquera recuncho do fogar, pois integra micrófono de profundidade e
conectividade tanto Flash Ethernet como Wi-Fi, de xeito que pode controlarse a
través dos seus botóns, por voz e cunha aplicación móbil, aproveitándose esta
conectividade tamén para relacionarse con outros altofalantes Sonos do fogar (o
que permite levar a música dunha instancia a outra), deixar que Alexa dea conta
das últimas novas, controlar a iluminación conectada mediante voz e outras
funcionalidades que irán chegando co tempo.
Tamén é posible emparella dous altofalantes Sonos One para conseguir son
estéreo ou aproveitar os altofalantes para conseguir son envolvente para
pelÃculas, series de televisión e videoxogos; sendo a súa función máis
apreciada a compatibilidade con 38 servizos de música en streaming como Apple Music, Spotify, Amazon Music, Google Play
Music ou SoundCloud, de xeito que fai moi accesibles as plataformas de música
en liña.
Este produto chega ao mercado nun momento clave, xa que en decembro Apple
vai comezar a vender nos EE.UU. outro semellante, o HomePod, a un prezo de 349
dólares; e Google tamén presentou
un Google Home Max que venderase nos EE.UU. a un prezo de 399 dólares a
partires de novembro; de xeito que Sonos, con maior reputación no ámbito da
música no fogar que o resto de fabricantes, fai unha boa xogada ao colocar no
seu catálogo un produto máis económico que o dos seus competidores, e incluso
resulta atractivo para quen considera que un Amazon Echo (que integra Alexa) é
un produto atractivo, pero prefiren un trebello con mellor calidade de reprodución
para escoitar música.
VÃdeo no que explican a integración de Alexa co altofalante Sonos One